OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense aproba a licenza para o proxecto de restauración da sancristía maior da Catedral

Terá un orzamento de execución material de 49.980 euros

A xunta de goberno local do Concello de Ourense celebrada esta mañá.

 

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, celebrada esta mañá, concedeulle á Xunta de Galicia licenza para o proxecto básico e de execución da restauración da sancristía maior da Catedral de Ourense.

Redactado polo arquitecto Manuel Seoane Feijoo, quen asume a dirección das obras xunto coa arquitecta Sonia López Calvo, terá un orzamento de execución material de 49.980 euros, e conta cos informes favorables do arquitecto e do arqueólogo municipal, da dirección xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button