OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense aumentará as partidas orzamentarias destinadas ao atletismo

O obxectivo é potenciar as escolas deportivas de atletismo, base fundamental deste e doutros deportes

Reunión do alcalde de Ourense cos directivos do club de atletismo.

 

Na mañá deste xoves 12 de novembro, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome reuníase con directivos do Club Ourense Atletismo para abordar a situación actual deste deporte na cidade.

O Club Ourense Atletismo é un dos principais clubs da cidade nesta modalidade deportiva e conta coa maior escola deportiva. “O atletismo é o deporte rei” dixo Pérez Jácome, “un deporte fundamental, no que se forma moita xente, malia que logo muden a outros, xa que este constitúe a base de moitos outros deportes”, polo cal recomenda, que “todo o mundo o debería practicalo”.

Por iso, o Concello de Ourense quere comprometerse con este deporte e aumentar as partidas que habitualmente se veñen destinando ao deporte base nesta disciplina, contemplando “un aumento considerable para a tempada 2021” para así potenciar a súa escola deportiva, que desenvolve a actividade nas instalacións municipais do Pavillón, no módulo de atletismo, “un privilexio para cidade de Ourense”, en palabras do alcalde.

Artigos relacionados

Back to top button