OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense cancela as actividades culturais e deportivas para un público masivo ata o San Martiño

A Concellería de Cultura xa avanzara na planificación de alternativas que non se van poder levar a cabo

Fachada principal do Concello de Ourense.

 

Dada a situación orixinada pola pandemia do Covid-19, que fai inviable a posibilidade de organizar actividades que reúnan un público masivo, o Concello de Ourense “cancela todas as actividades culturais e eventos deportivos dirixidos a un público masivo ata a festividade de San Martiño no mes de novembro”, tal como avanzaba esta mañá o alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

Malia que a Concellería de Cultura avanzara na planificación de alternativas -Festas de Ourense cun formato diferente, dinamización dos barrios con espectáculos de rúa, non masivos, durante o verán ou aínda a potenciación da celebración das festas do barrio da Ponte, en torno ao 25 de xullo-, “a realidade fai que non sexa posible levalas a cabo nas condicións de seguridade e saúde precisas”, di o alcalde adiantando que nestes momentos as esperanzas do Concello céntranse no mes de novembro, cando se celebra a festividade de San Martiño, patrón da cidade. O goberno municipal confía en que esta si se poida levar a cabo e, seguindo o modelo estreado no pasado ano 2019, estender a celebración desta data durante 4 días para potenciar esta festa como referente e dinamizador lúdico e cultural da cidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button