OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense conmemorará o Día das Letras Galegas regalando libros

Trátase de exemplares das obras gañadoras dos premios Risco de Creación Literaria e do Poesía Cidade de Ourense, e poderanse recoller este domingo, de 11 a 14 horas, nunha carpa instalada na rúa do Paseo

 

Este domingo 17 de maio celébrado o Día das Letras Galegas e, a consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid-19, na cidade de Ourense pospuxéronse todas as celebracións previstas nestes días, que se trasladarán ao mes de outubro, como lembra o concelleiro de Cultura, Mario González, pero “manteranse, dentro do que se poida, tendo en conta a situación de alarma que temos, actividades coas garantías de seguridade sanitaria”.

Así e todo, dende o Concello conmemorarán esta data, na que se lembra a figura de Ricardo Carvalho Calero, cunha entrega de libros gañadoras das diferentes convocatorias de certames literarios municipais. Será o domingo, entre as 11 e 14 horas, nunha carpa na rúa do Paseo -á beira da Sala Valente-, onde os ourensáns poderán recoller un exemplar gratuitamente. O obxectivo é, segundo o concelleiro de Cultura, “dar a coñecer as obras gañadoras do Premio Risco de Creación Literaria, que xa vai pola edición número XXI, e o Premio Poesía Cidade de Ourense, que este ano compre a súa XXXVI edición”.

Entregaranse 2.700 exemplares pertencentes ao fondo literario do Concello e no acto estarán o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e varios concelleiros, tomando as medidas de seguridade que se establecen na situación de alarma, sobre todo no que atinxe ás distancias.

 

Artigos relacionados

Back to top button