OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense conseguiu reducir a súa débeda nun 75% dende o 2015

O pago a proveedores quedou situouse nun tempo medio de 7,65 días en febreiro de 2015
Ana Morenza e Jesús Vázquez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, fixeron balance da xestión económica do Concello dende o mes de xuño de 2015. Ambos edís sinalaron que o obxectivo desta administración local “é alcanzar a débeda cero durante o 2017”.

A titular de Facenda analizou os datos seguindo seis eixos. O primeiro versou sobre a amortización desa débeda. Segundo sinalou Morenza, a débeda municipal redúxose nun 75% pasando de 39.317.411 euros o 15 de xuño do 2015, a 10.097.708 euros o 31 de decembro de 2016. No segundo punto está reflectido o tempo medio de pago a provedores. A responsable deste área salientou que en xaneiro de 2015 o período medio de pago era de 78,70 días. “En febreiro de 2015 o período medio de pago situouse en 7,65 días”, apuntou.

No eido da liquidación de contas e o aforro, o Consistorio ourensán liquidou as súas contas de 2016 mediante o decreto do 22 de marzo de 2017 “adiantándose máis dun mes respecto ás previsións do anterior goberno”. E, en canto ao aforro, as contas do Concello pasaron de ter 4,2 millóns a finais de 2014 a 5,6 millóns de euros no mesmo período de 2015. “En apenas ano e medio o Concello aforrou 12.384.298 euros”, informan dende o Consistorio.

Baixada de impostos en 2018

En canto a recadación, dende o Concello apuntan a que se está a levar a cabo un estudio “pormenorizado e necesario” para proceder a unha baixada dos impostos e taxas que entre en vigor no 2018. Asemade, o Goberno Municipal xestionou e acadou a aprobación de modificacións orzamentarias por un importe de 36.039.585 euros. dende o inicio do presente mandato.

A concelleira Ana Morenza salientou que os froitos desta xestión económica foron “grazas ao estupendo equipo de funcionarios da área de Economía do Concello, así como a capacidade deste goberno para ir mellorando paulatinamente o estado das contas municipais”.

Pola súa banda, Jesús Vázquez tamén apuntou que o Concello acadou máis de 3,7 millóns de euros doutras administracións, con especial incidencia da Xunta de Galicia e a colaboración coa Deputación. E de entidades privadas acadáronse mediante convenios case 10 millóns de euros. Por todo isto, Vázquez, asegurou que “o Concello está mellor hoxe en día que cando chegamos en xuño de 2015”.

Artigos relacionados

Back to top button