OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense convoca 25 prazas de Policía Local e 12 de bombeiros

Esta oferta busca reforzar ambos corpos, que reduciron en máis dun 30% o seu persoal

Exterior do Concello de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense ven de aprobar hoxe, 13 de agosto, nun pleno extraordinario, a convocatoria de 25 de prazas para a Policía Local e 12 para o corpo de bombeiros. Segundo o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, a aprobación deste acordo “é unha boa noticia para todos” e lembra que “neste Concello levábanse máis de 5 anos sen lanzar unha oferta pública. As 37 prazas foron as máximas que foi posible incluír”. A oferta xa foi presentada aos sindicatos con representación no Concello de Ourense, CSIF, CC OO, CIG, SAP e UXT nunha serie de xuntanzas mantidas nos días 23 e 16 de xullo.

A medida busca reforzar ambos corpos, que se viron duramente afectados por xubilacións e reduciron en máis dun 30% o seu persoal. No ano 2019, deixaron de prestar servizos 22 axentes da Policía Local e 4 bombeiros. O Concello considera necesario acumular ao servizo de extinción de incendios a taxa de reposición resultante da xubilación de empregados públicos doutros ámbitos non prioritarios.

Artigos relacionados

Back to top button
Close