OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense convoca axudas para entidades e asociacións en materia de servizos sociais

Estas subvencións están dotadas cun orzamento de 325.000 euros e poderanse solicitar dende mañá, 18 de agosto

O Concello de Ourense convoca as subvencións que darán apoio ás entidades e asociacións en ánimo de lucro en materia de servizos sociais que desenvolven o seu labor na cidade. Dotadas cun orzamento de 325.000 euros, poderanse solicitar desde mañá, martes, até o día 18 de setembro de 2020. A convocatoria e as bases pódense consultar na páxina web do Concello, xunto coa documentación que é necesario presentar.

 

Concello de Ourense.

 

A finalidade da convocatoria é “regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades no campo dos servizos sociais, que, sendo consideradas de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro”. Os programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

Poderán optar as asociacións e entidades validamente constituídas sen fin de lucro, que realicen actividades de interese ou promoción social ou de utilidade pública e sexan de interese municipal. Entre outros requisitos, deben contar con sede social ou delegación no termo municipal de Ourense, ter como obxectivo nos seus estatutos a prestación de servizos sociais dirixidos a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social, coincidentes co obxecto da subvención, e estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Artigos relacionados

Back to top button
Close