Ourense

O Concello de Ourense convoca o XX Premio Risco de Creación Literaria

Cun premio de 6 000 euros e a publicación da obra, ábrese o prazo de entrega até o venres día 20 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ourense

 

Concello de Ourense.

 

O Concello de Ourense e a Fundación Risco convocan a XX edición do Premio Risco de Creación Literaria, que rende homenaxe a Vicente Martínez Risco e ao seu fillo Antón Martínez-Risco Fernández.

O certame, dotado cun premio de 6.000 euros máis a publicación da obra gañadora, abre as súas portas os traballos dos participantes, que deberá constar dun escrito inédito da súa autoría redactado en lingua galega, cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.  A Xunta de goberno local do Concello aprobou na súa sesión desta semana as bases e a convocatoria do premio, centrado no xénero narrativo polo que poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc.

O prazo de entrega rematará o venres día 20 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button