O Concello de Ourense desenvolve un plan de potencialidades de uso da xeotermia na cidade

O acordo tivo lugar hoxe, día 11 de xullo, nunha reunión entre o alcalde, Gonzalo Jácome, o tenente de alcalde, Jorge Pumar, e o director do traballo e membro de ITER, Nemesio Pérez

O Concello de Ourense desenvolverá durante o período estival un plan de potencialidades do uso da xeotermia. Este plan é en colaboración co Instituto Tecnolóxico e de Enerxías Renovables de Tenerife (ITER) e ten como principal obxectivo o de “ser unha ferramenta de axuda ao desenvolvemento de proxectos xeotérmicos na cidade, en especial nas zonas de maior presenza termal, poñendo en valor o binomio termalismo e enerxía sustentable, como elementos diferenciadores de Ourense no espazo europeo”.

 

Durante a reunión.

 

O acordo tivo lugar hoxe, día 11 de xullo, nunha reunión entre o alcalde, Gonzalo Jácome, o tenente de alcalde, Jorge Pumar, e o director do traballo e de área de medio ambiente de ITER, Nemesio Pérez. Así, o proxecto desenvólvese dentro de Geoatlantic, primeiro proxecto do programa Interreg Área Atlántica que aposta pola xeotermia como enerxía final de uso público e privado e o seu achegamento á sociedade.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies