OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense e a Xunta asinan un convenio para axilizar as intervencións no núcleo etnográfico de Seixalbo

O acordo permite ao ente municipal autorizar as intervencións que se refiran a bens catalogados integrantes do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico
O alcalde de Ourense e o conselleiro de Cultura.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, veñen de asinar un convenio que permite axilizar os trámites e os prazos das actuacións patrimoniais no núcleo etnográfico de Seixalbo.

“Un paso adiante, pois, para os veciños e veciñas de Seixalbo, que poderán centralizar todos os trámites relativos aos seus intereses e demandas aquí mesmo, en Ourense. E un paso adiante importantísimo, tamén, para a conformación dunha cidade dinámica e viva en todos os seus barrios e lugares”, destacou o rexedor ourensán.

Este convenio, o primeiro destas características en Galicia, permítelle a este Concello a autorizar as intervencións no ámbito do Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo que se refiran a bens catalogados integrantes do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico, así coma das súas contornas de protección e zonas de amortecemento.

O Concello de Ourense disporá unha comisión técnica municipal composta por 7 integrantes da Concellería de Urbanismo, técnicos que, ademais da titulación, son redactores do P.E.C.I.E. de Seixalbo, aprobado o 3 de Marzo de 2017. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será informada por esta comisión de forma trimestral da relación de autorizacións e licencias concedidas.

Artigos relacionados

Back to top button