OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense estudará a dispoñibilidade dun campo para o Campus Univ. Ourense Rugby

O alcalde Gonzalo Pérez reuniuse con representantes do club que milita na división de honra B

O alcalde de Ourense (centro) con representantes do Campus Ourense Rugby.

 

Na mañá deste martes 13 de outubro, representantes do Campus Universitario Ourense Rugby eran recibidos polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome quen lles trasladou a vontade do goberno municipal de “colaborar en diferentes ámbitos” con este equipo, que se atopa na segunda máxima categoría do rugby español: a división de honra B. “É un equipo que está na elite española, ao que hai que axudar”, asegurou Pérez Jácome, que quixo coñecer as principais necesidades do club ourensán

Neste senso, por unha banda o Concello estudará a dispoñibilidade dun campo para que o equipo poda disputar a temporada 2021/22, e prestaralle apoio económico a través das subvencións que outorga para o fomento do deporte na cidade.

Artigos relacionados

Back to top button