PolíticaÚltima hora

O Concello de Ourense fomenta en Seixalbo a compostaxe doméstica

O obxectivo desta campaña é a redución dos residuos orgánicos producidos no fogar así como a diminuír o uso de fertilizantes químicos
A campaña de compostaxe comeza a partir de mañá en Seixalbo.
A campaña de compostaxe comeza a partir de mañá en Seixalbo.

O Concello de Ourense vén de iniciar unha campaña, en colaboración con Sogama e levada a cabo pola área de Limpeza e Xestión de Residuos, para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no núcleo rural de Seixalbo e no resto da cidae. Baixo o lema “Compostaxe: toda unha vantaxe”, teñen como obxectivo reducir o volume global dos residuos producidos no fogar, mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe, e obter así un fertilizante natural con “excelentes propiedades para o solo”, sinalaron dende o consistorio.

Esta primeira fase da campaña está dirixida a 75 familias da cidade e comezará a divulgarse en Seixalbo, a partir de mañá, a través dunha carpa ubicada na praza Maior de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30 horas.

Dende o Concello de Ourense explican que esta iniciativa axudará a reducir tamén o uso de fertilizantes químicos e o custe económico que se deriva da recollida transporte e xestión e tratamento dos residuos urbanos. E por outro lado, “axudará a recuperar unha práctica tradicional da cultura galega”. Todo isto sumado a un compoñente educativo e de participación cidadá que se deriva desta práctica.

Os fogares que se inscriban na campaña recibirán, de balde, un recipiente (composteiro) para realizar a compostaxe no fogar, así como un manual didáctico de formación específica na materia. Do mesmo xeito, o desprazamento de Limpeza e Xestión de Residuos realizará un seguimento do peso xerado antes e despois de iniciar a campaña nos fogares.

 

Artigos relacionados

Back to top button