OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense incrementa a partida de axudas para comedores escolares e libros do vindeiro curso

A dotación para o comedor será de 269.000 euros e para o material escolar de 25.000 euros

Comedor escolar.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobaba na xuntanza extraordinaria celebrada na mañá do 29 de maio, as bases das axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.

O Concello eleva este ano en máis de 50.000 euros a dotación da convocatoria, que ascende a un total de 294.250 euros, dos cales 269.000 serán para axudas para comedores escolare (fronte aos 223.348,47 do curso anterior) e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020). Con este incremento da dotación, o goberno municipal pretende “garantir que as axudas cheguen a todas as familias que o precisan e evitar que se produzan listas de espera”, sinala a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella.

As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense empadroadas no Concello de Ourense que non superen os 3.500 euros de renda per capita anual, que teñan nenos ou nenas ao seu cargo estudando en centros públicos ou concertados de Ourense.

A convocatoria de axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, e ao día seguinte abrirase o prazo para presentar as solicitudes. Con respecto aos requisitos, os mesmos da convocatoria do curso anterior, son que a familia estea empadroada no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia e non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algunha das persoas unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (aquela constituída por unha soa persoa proxenitora ou titora con que convive o neno ou a nena, e que sexa a única sustentadora da familia).

Artigos relacionados

Back to top button