OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense inicia a campaña de reciclaxe “Separar con Xeito”

A iniciativa comeza o vindeiro luns, no Parque Barbaña

 

O Concello de Ourense inicia unha campaña de reciclaxe, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, denominada “Separar con Xeito”. Así, o seu obxectivo é o de explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente as dos contedores amarelo e azul). Así, colocaranse carpas informativas no mercado do río Barbaña, que se celebra os días 7, 17 e 26 de cada mes.

A primeira das accións formativas celebrarase este luns, 26 de agosto, coa que se pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón.

Os monitores localizaranse no Parque Barbaña, cun horario de 10.30 horas a 13.30 horas. Alí, informarase a todo o que se achegue das pautas que permitan mellorar a recollida selectiva dos residuos para favorecer a súa reciclaxe. Posteriormente, o martes 14 de setembro, será no Campo da Feira, onde haberá unha carpa instalada nas inmediacións da chavasqueira.

Artigos relacionados

Back to top button