OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense levará a Pleno tres convenios de colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil

As dúas Administracións avanzan nos proxectos clave para o saneamento e limpeza dos ríos da cidade
O alcalde de Ourense, o concelleiro de Medio Ambiente e o presidente da CHMS.

O Concello de Ourense levará a Pleno Municipal varios convenios. O primeiro deles, posibilitará a execución do proxecto de mellora do saneamento de Velle, co que se procederá á substitución do sistema actual de fosas sépticas por un sistema que evite verteduras á canle do Miño, cuxo investimento ascende a 3 millóns de euros que será sufragada ao 50% entre o Concello e a CHMS. Tamén tamén será levaro a Pleno o convenio para ampliar en 5 quilómetros o carreiro peonil que discorre pola marxe dereita do Miño entre Outariz e a N-120 en Ourense, investimento que ascenderá a 500.000 euro e que se financiará ao 50% entre ambas administracións. Por outra banda, e para continuar cos proxectos de mellora do Barbaña, levarase a Pleno a firma do convenio para a instalación dun tamiz automático que evitará a presenza de sólidos e flotantes que orixinan episodios de contaminación no aliviadoiro de Ponte Lebrona cuxo investimento total supera os 60.000 euros e que será sufragado, na súa totalidade, pola CHMS.

Son os principais acordos aos que chegaban o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, na reunión mantida no Concello ourensán á que tamén asistía o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo.

Na reunión, o alcalde popular solicitou a Francisco Marín colaboración específica para manter o coidado nos cauces dos ríos, ao que o presidente do organismo de conca respondeu que ao longo do mes de maio comezarán a traballar varias brigadas de limpeza de ríos na provincia de Ourense e que sería moi importante a colaboración e implicación veciñal: “Ao gozar a diario das canles e os seus carreiros fai que sexan os propios veciños nosa mellor gardería fluvial e as súas suxestións serán de gran axuda ao labor que desempeña a Confederación Hidrográfica na mellora dos ríos” explicou Francisco Marín.

Artigos relacionados

Back to top button