OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense mellora a estética da cidade con máis de 20.000 novas plantas

As accións céntranse na posta en valor dos espazos urbanos máis transitados

Ao longo desta semana iniciáronse os traballos de mellora da estética da cidade, por parte do Concello de Ourense, centrados na plantación de nova xardinería e na posta en valor dos distintos elementos decorativos florais. No caso das xardineiras retiráronse un total de 58 para o seu lixado e pintado, de forma que poidan volver ás rúas xa decoradas con planta de tempada.

Esta acción en marcha, lembra o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, ten como obxectivo “que os ourensáns volvan gozar e presumir da súa cidade, paseando por unha urbe chea de cor, da cor que lle proporcionarán as máis de 20.000 novas plantas e decoracións florais”. Pretende, tamén, “servir de reclamo para que as rúas comerciais recobren a súa vida e lozan con maior esplendor, incentivando as compras na cidade”, asegura. As especies florais elixidas para os acondicionamentos inclúen plantas e flores de tempada como as begonias, caraveis (tajetes patula) ou alegrías (sunpatiens), entre outras.

As actuacións abarcan espazos singulares da cidade coma a zona das Burgas, a zona vella, a praza do Bispo Cesáreo, Avda. Otero Pedrayo ou a zona do parque de San Lázaro, pero tamén espazos representativos da trama urbana, como as glorietas de Nexus, o acceso Centro, Nosa Señora da Saínza, ou Bonhome, zonas de grande tránsito de ourensáns e visitantes.

Fotos: Concello de Ourense

Artigos relacionados

Back to top button