OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense posiciona a cidade como “destino turístico de interior singular” no marco da feira INTUR 2019

A Concellería de Turismo e Termalismo acudiu con expositor propio e realizou unha presentación de destino ante profesionais na que se puxo de manifesto o atractivo termal da cidade, así como a súa ampla oferta cultural, patrimonial, gastronómica e comercial

Presentación do destino turístico Ourense, en Valladolid.

 

Un ano máis, a Concellería de Turismo e Termalismode Ourense estivo presente en INTUR, a gran feira do turismo de interior que se celebrará ata o 24 de novembro no recinto feiral de Valladolid, que permite establecer contacto directo cun dos principais mercados emisores do turismo na cidade, o que provén de Castela e León e Madrid.

Ourenses estivo presente con expositor propio e realizou unha presentación de destino ante profesionais na que se puxo de manifesto “o atractivo termal da cidade, así como a súa ampla oferta cultural, patrimonial, gastronómica e comercial”. Deste xeito, o Concello de Ourense posiciona á cidade como “destino turístico de interior singular”, aseguran dende o ente municipal.

 

 

“A Feira de Turismo de Interior INTUR é un escaparate perfecto para amosar aos profesionais do sector que Ourense é un destino único onde o Termalismo, o Patrimonio, a Gastronomía e o Comercio de calidade son atractivos que fan da nosa cidade o lugar perfecto para os turistas que buscan una experiencia singular e inesquecible”, sinalou a concelleira de Turismo, Flora Moure.

Artigos relacionados

Back to top button