OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense premia a organización de actividades culturais e festivas na cidade

Concede axudas por valor de máis de 13.000 euros a seis asociacións

Actividade de Samaín da Asociación Xuvenil Amencer.

 

O Concello de Ourense aprobaba na mañá deste xoves 29 de outubro a concesión de subvencións a seis asociacións, por un importe total de 13.397 euros, pola realización de actividades culturais e festivas.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, presentáronse 7, das que 1 chegou fóra de prazo, polo que quedou excluída e unha vez aplicados o criterios de valoración definidos nas bases da convocatoria de subvencións, concédense axudas a:

  • Asociación de persoas con discapacidade de Ourense, por un proxecto de teatro e artes escénicas para persoas con discapacidade intelectual, que recibirá unha axuda de 8.068 euros. Ten como finalidade achegar e fomentar as artes escénicas entre as persoas con discapacidade, a través dun programa que pretende estimular a expresión e o desenvolvemento persoal a través do traballo individual e de grupo en diferentes modalidades escénicas, con formación e aprendizaxe en materias como a danza, a interpretación, a voz ou o modelado.
  • Asociación de persoas xordas de Ourense polo “Entroido inclusivo”, un programa de actividades destinadas a facilitar a participación das persoas xordas nas festas do Entroido 2020. Incluíu persoas de todas as idades, tanto adultas como rapazada e mocidade, que tomaron parte no desfile e nos concursos organizados Concello. Recibirá unha axuda de 900 euros
  • Asociación cultural Algaravía de Ourense, polas actividades organizadas co gallo do XVI aniversario “Venrespirar” 1.100 euros.
  • Xuntanza de micólogos Os cogordos de Ourense, por actividades de formación micolóxica continua. Recibirá unha axuda de 1.400 euros.
  • Asociación xuvenil Amencer, que presentou un proxecto de tempo de lecer polo Samaín. Recibirá unha axuda de 1.229 euros.
  • Asociación veciñal As Laxas, polas actividades de celebración da Romaría de San Brais 2020: 700 euros.

Artigos relacionados

Back to top button