OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense reactivará a ORA o luns 25 de maio

Os autobuses urbanos tamén volverán ser de pago dende o luns

Parquímetro da ORA en Ourense.

 

O vindeiro luns, día 25 de maio, reactivarase o servizo de ordenación e regulación de vehículos na vía pública en Ourense (ORA), nas mesmas condicións que funcionaba antes da declaración do estado de alarma. Así o adiantan dende o Concello, explicando que esta medida adóptase “no marco da nova fase da desescalada dentro do estado de alarma que se inicia, despois de que o servizo fose desactivado polo Concello durante a etapa de confinamento pola pandemia da covid-19″. Así, desde o luns, os parquímetros volverán funcionar e as persoas que utilicen as prazas deberán abonar as tarifas definidas na ordenanza municipal.

Pola súa banda, o vindeiro luns volverá tamén ao seu funcionamento ordinario o servizo de transporte en autobuses urbanos.” Este xa oferta actualmente a totalidade de rutas e frecuencias que tiña antes do estado de alarma, mais volverá ser de pago desde o luns”, puntualizan dende o Concello, asegurando que o parque móbil “xa está adaptado ás condicións de seguridade requiridas pola situación sanitaria e os vehículos incorporaron pantallas de seguridade para garantir que non haxa contactos que poñan en risco a saúde, tanto de quen viaxa nos autobuses como de quen os conduce”.

Artigos relacionados

Back to top button