OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense realiza obras de acondicionamento e de mellora na sede da Policía Local

O edificio da rúa Victoria Kent presentaba deficiencias no bombeo do aire acondicionado, no desaloxo de augas e na impermeabilización de diferentes espazos

O edificio da Policía Local, na rúa Victoria Kent de Ourense, foi acondicionado para a mellora das súas instalacións nos últimos meses. O custe, de 389.945,97 euros, foi asumido pola Concellaría de Servizos Xerais, e servirá para “evitar as deficiencias no bombeo do aire acondicionado, no desaloxo de augas e na impermeabilización de diferentes espazos”.

 

 

As actuacións máis importantes foron as de impermeabilización da terraza exterior, cuberta por lousado, e baixo a que se instalou un sistema de bombeo de auga e novos cadros eléctricos. Tamén se actuou na fachada, que conta cunha nova capa de pintura hidrófuga para evitar as filtracións. As augas tamén causaban problemas no interior do edificio, polo que se instalaron bombas de achique novas.

Os vestiarios e a sala de tiro tamén sufriron importantes reformas coa instalación de novos paneis de la de rocha de 50 mm para o seu total illamento e insonorización, así coma unha nova bomba de aire acondicionado.

Artigos relacionados

Back to top button