OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense reparte 700 rosas brancas para celebrar o Día da Nai

Para a entrega elixíronse as proximidades do CHUO e a rúa do Paseo

 

Neste domingo 3 de maio, o Concello de Ourense celebra o Día da Nai repartindo 700 rosas brancas entre as nais da cidade como “símbolo de gratitude polo brillante comportamento e o esforzo exemplar durante este período de confinamento, onde o traballo, a educación, a familia e o fogar fixeron do seu día a día unha tarefa aínda máis heroica”.

Esta homenaxe, a través da Concellería de Medio Ambiente e en colaboración coa Asociación de Floristas de Ourense, serve de apoio a un dos sectores que sufriron máis de preto a crise da COVID-19: o de floristas de Ourense. Un sector, que nos seus meses máis importantes e decisivos (chegada da primavera, Día da Nai…), viuse obrigado a pechar para cumprir as normas sanitarias perdendo, en moitos casos, gran parte dos seus produtos en stock.

Elixíronse como lugares de entrega as proximidades do Complexo Hospitalario e a rúa do Paseo, diante do antigo Banco de España, puntos seleccionados polo especial simbolismo para a veciñanza de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button
Close