OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense solicita o estudo de novas iniciativas para impulsar a multifuncionalidade de Expourense

O obxectivo é promover a actividade feiral ao tempo que se favorece o desenvolvemento de actividades deportivas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, xunto coa directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantiveron hoxe en San Caetano un encontro co presidente do Comité Executivo de Expourense e alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, no que abordaron diferentes vías de traballo conxunto para continuar a impulsar o tecido económico e os equipamentos deportivos da cidade.

Entre outros asuntos, no encontro salientouse o importante papel que xoga a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) na dinamización empresarial e social do municipio ourensán. Atendendo a petición realizada por Jesús Vázquez, a Xunta comprometeuse a “estudar novas iniciativas para continuar a mellorar esta importante infraestrutura”. O obxectivo é, segundo se destacou na reunión, “promover a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto”.

Durante o 2017 Expourense celebrou 11 feiras, dúas delas de carácter internacional, e 29 eventos. Ademais a instalación da nova pista de atletismo cuberta e a celebración do I Salón do Deporte e Turismo- Sportur Galicia converten ao deporte nun sector estratéxico para a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button