ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil aposta por dar pasos importantes en aforro enerxético

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a xunta de goberno do Concello de Parada de Sil vén de darse luz verde ao procedemento para contratación da renovación da alumeado publico en oito pobos o concello, co que pretende lograr “un importante aforro e eficiencia enerxética”, tal e como destacan dende esta administración local.

A esta primeira licitación, por importe de 117.103,40 euros, está previsto que lle sigan outras dúas para levar a cabo a renovación de todo o alumeado público do municipio. Así, o Concello de Parada de Sil  acudíu a unha subvención do IDAE que aportará nesta obra 93.682 euros en concepto de axuda.

“Nesta primeira fase optouse polos núcleos que máis alumeado público teñen, entre os que se encontra a capitalidade municipal, e ao mesmo tempo van localidades da zona de Ribeira como Chandrexa de Sil e da montaña como A Edrada. Ademáis da renovación das lámpadas procederase a renovación total dos cadros eléctricos que, pola súa antigüidade, están a dar problemas á veciñanza con apagóns, e o feito de solucionar este problema, xunto co aforro conseguinte no consumo, supón un importante paso adiante”, tal e como sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

Por outra banda, o Concello tamén solicitou acollerse a outra subvención do IDAE para a colocación de placas fotovoltaicas no teito do do edicficio municipal para, dese xeito, coa enerxía que se produza “abastecer o consumo do edificio, o local de lecer dos nenos, de inminente apertura e as vivendas de promoción municipal que se entregarán en dous ou tres meses, o que suporá iun importante aforro energético. Neste caso estamos a falar dunha inversión de 50.000 euros sunha subvención de 40.000”, adiantan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button