OurenseÚltima hora

O Concello de Parada de Sil construirá beirarrúas nos núcleos do Valado e Bouzas

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de informar de que nestes días adxudicarase “unha obra importante para contribuír á seguranza de veciños e visitantes na estrada da Deputación provincial que vai de Parada de Sil ao concello de A Teixeira”.

Un dos compromisos electorais deste rexedor era construír as beirarrúas en todos os pobos desta estrada. “O ano pasado construíuse a beirrarúa en Sacardebois e antes de que remate o ano estarán feitas as de Bouzas e O Valado, polo que quedaría o pobo de Chandrexa para o vindeiro ano”, tal e como indica o alcalde.

Esta obra, que o Concello de Parada de Sil executará na sua totalidade este ano, ten un importe de 90.037,12 euros dos que a Xunta de Galicia, a través dunha subvención, aportará 63.025,98 en dúas anualidades, adiantando o Concello polo tanto 25.891,07 euros que corresponden á anualidade da Xunta de 2022.

O alcalde de Parada de Sil pensa que estas actuacións son “importantes, dado o aumento de visitantes á Ribeira Sacra e á Parada de Sil, máis necesarias aínda a través destes pobos porque están na estrada que vai á Fábrica da Luz e á pasarela do Mao, hoxe auténticas iconas da Ribeira Sacra con milleiros de visitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button