ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil incorpora novos servizos para os escolares

 

Co fin de axudar ao alumnado en idade escolar tratando de reducir a fenda entre o mundo rural e o urbano, o Concello de Parada de Sil vén de poñer en marcha dous novos servizos, en colaboración coa Asociación Valores-Por un Mundo Mellor e con financiamento do FEDER.

Por unha banda, todos os mércores de cinco a sete da tarde hai dúas horas de reforzo escolar para todo o alumnado que o precise; e por outra, os venres tamén pola tarde hai dúas horas de reforzo-aprendizaxe de inglés ás que están asisitindo oito alumnos. Tal como explica o alcalde, Aquilino Domínguez, con estas iniciativas “preténdese ir incrementado paulatinamente servizos para acabar conseguindo o obxectivo dunha escola infantil e/ou primaria”.

 

Clases de reforzo escolar en Parada de Sil.

 

Por outro lado, en colaboración coa Asociación de Nais e Pis de Parada e con cargo fundamentalmente ao Concello, todos os sábados os escolares que o desexen poden coller un minibús para acudir a un centro de natación en Ourense, sun servizo que están usando 13 escolares.

Investir nunha mellor formación dos cativos e facelo nun entorno de proximidade familiar é un motivo de orgullo para o alcalde que agradece aos pais e nais “que se implican nestas actividades”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button