ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín adhírese ao Pacto dos Alcaldes polo Clima

Vista de Petín dende o Encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello de Petín vén de adherirse ao Pacto de Alcaldes polo Clima e Enerxía, o maior movemento mundial de autoridades contra o cambio climático. Isto implica adoptar as medidas necesarias para reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2.

A súa adhesión formalizábase o pasado 7 de decembro. “Este pacto consiste no compromiso dos concellos por cumprir os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 chegando a reducir as emisións de CO2 polo menos o 40%”, tal e como se explica dende o Concello de Petín, que se suma a esta iniciativa para “conseguir a adaptación ao cambio climático”.

Así se plamará tamén no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible que desenvolverá Petín, tal e como sinala a súa alcaldesa, Raquel Bautista. Este documento terá dúas partes: o Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Plan de Adaptación ao Cambio Climático.

Artigos relacionados

Back to top button