ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín aproba a moción para “a recuperación dos perdidos servizos sanitarios no HPV”

Era un dos puntos do orde do día do Pleno celebrado onte que se aprobaba por unanimidade

Exterior do Concello de Petín.

 

Por unanimidade dos dous grupos políticos con representación na Corporación municipal de Petín (5 PSdeG-PSOE e 2 PP) saía adiante no pleno celebrado onte, a moción presentada polo grupo socialista para a “recuperación dos perdidos servicios sanitarios no Hospital Público Valdeorras”.

A moción, un dos puntos da orde do día, propoñía entre outros o seguinte acordo, que resultaba aprobados polo conxunto da Corporación: que o “Concello de Petín manifeste o seu apoio aos diversos actos e manifestacións que respectando a legalidade vixente sexan promovidos polas organizacións sindicais ou cidadanía da comarca na procura da fundamental recuperación dos perdidos servizos sanitarios que posuía o Hospital Público de Valdeorras e dos cadros de persoal de atención primaria, así como as melloras estruturais dos centros e materiais de traballo”, ademais de instar á Consellería de Sanidade “á creación no Distrito Sanitario de Valdeorras dunha base do 061 con ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, encadrada dentro da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia (RTSUG-061)”.

 

Artigos relacionados

Back to top button