ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín confirma 2 casos de Covid e cancela todas actividades e a feira

Ademais explica que 1 dos positivos "non reside neste municipio, pero si a súa familia, que nestes intres está gardando a corentena correspondente"

Exterior do Concello de Petín.

 

Ata o de agora Petín mantíñase libre de coronavirus. Sen embargo, esta mañá o seu Concello, vén de confirmar a través dun comunicado nas redes sociais, a existencia dun positivo de Covid-19 en Petín. “No día de hoxe segundo os datos que nos facilita diariamente o Sergas, comunicanos a existencia de dous casos positivos en Covid-19 neste concello”.

Ademais, no comunicado sinálase que, “segundo o entorno familiar dun dos positivos, queremos informar de que este non reside neste concello pero si a súa familia, que nestes intres está gardando a corentena correspondente. Así mesmo Informamos que o outro positivo en Covid-19 se que reside neste municipio”.

Ante esta situación, dende o Concello de Petín apélase “á tranquilidade, pero tamén á responsabilidade de todos os veciños”. Ademais anúnciase que a partir “deste momento quedan canceladas todas as actividades culturais e deportivas, así como a feira que se celebra os 21 de cada mes ata que a situación mellore”.

Finalmente, dende o Concello deséxase “a pronta recuperación das persoas afectadas” e indícase que “seguiremos informando das actualizacións que nos vaian comunicando”.

Artigos relacionados

Back to top button