ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín confirma 5 positivos de coronavirus no municipio

O novo caso é dunha estudante que leva un mes sen ir á casa pasando a corentena na cidade na que estuda

Porta de acceso á Casa do Concello de Petín.

 

Dende o Concello de Petín confirman que segundo a información recibida dende a Consellería de Sanidade, na xornada deste luns 26 de outubro, o número de contaxios de coronavirus aumenta a 5 no municipio.

O último positivo trátase dunha estudante que leva un mes sen ir a casa e xa está facendo a corentena na cidade na que estuda.

Dende o Concello seguen recomendando que se cumpran as medidas estipuladas polas autoridades sanitarias, desexando coma sempre sempre “unha pronta recuperación aos afectados”.

Artigos relacionados

Back to top button