ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín decide pospoñer a Festa da Freba que se celebraba na ponte de decembro

Asistentes á última edición da Festa da Freba, previa á pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Estiveron valorando recuperar a cita para a ponte de decembro, data na que se celebraba dende a súa orixe hai xa máis de vinte anos, pero finalmente a Festa da Freba de Petín será posposta. Así o asegura a alcaldesa Raquel Bautista na mañá deste luns, 22 de novembro.

“Finalmente decidimos non facela pero non se trata dunha suspensión senón dun aprazamento xa que a nosa intención é facela, se as cousas van ben e se pode, un pouco máis adiante, pero de momento non a imos celebrar”, asegura a alcaldesa.

Lembremos que a Festa da Freba de Petín, reunía a centos de persoas en torno a un xantar centrado na freba do porco asada á grella que, como todas as celebracións deste tipo, foi suspendida o ano pasado por mor da pandemia de coronavirus. Máis dun ano e medio despois, a situación sanitaria mellorou considerablemente pero compre seguir sendo precavidos en actos multitudinarios no que non se pode manter a mascarilla posta en todo momento.

 

Artigos relacionados

Back to top button