SanidadeÚltima hora

O Concello de Petín merca 2.000 mascarillas para repartir entre os veciños

A partir de mañá poderán recollelas no consistorio e tamén serán repartidas polos voluntarios de Protección Civil

Mascarillas cirúrxicas mercadas polo Concello de Petín. /Foto cedida.

 

En pleno proceso de desescalada, o Concello de Petín continúa abastecéndose para protexer aos seus veciños do coronavirus, desta volta coa adquisición de 2.000 mascarillas cirúrxicas.

Xa se repartiran entre os veciños outras 2.000 unidades doadas por Adegas Terriña e a partir de mañá, venres 5 de xuño, todo aquel que as necesite poderá pasar polo consistorio para recoller as mercadas polo Concello. Igual que na vez anterior, tamén serán repartidas por membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Petín.

Artigos relacionados

Back to top button