CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Quiroga adhírese ao convenio da Fegamp e da USC para prácticas académicas

Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

O Concello de Quiroga vén de adherirse ao convenio asinado entre a Federación Galega de Municipios (Fegamp) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións desta entidade municipal, así como para achegar os seus expertos para aquela parte da docencia teórico‐práctica especializada que fora precisa.

As prácticas que os alumnos fagan poden ser: Curriculares, contempladas nos plans de estudo; Prácticas conducentes á elaboración dos Traballos fin de grao / Traballos fin de máster, segundo se contempla nos plans de estudo e demais normativa de aplicación; e Extracurriculares, ou complementarias.

A través deste convenio a Fegamp comprométese a colaborar coa USC a través das distintas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias, facilitando ao alumnado a realización de prácticas académicas externas que lle permita completar a formación recibida nas aulas.

O desenvolvemento efectivo das prácticas convocadas poderá exceder o período ordinario do curso académico con límite até o 30 de setembro do curso seguinte, tendo prioridade nos procesos de selección as prácticas curriculares sobre as extracurriculares. Así mesmo outorgarase prioridade na elección e adxudicación de prácticas ao alumnado con discapacidade, segundo informa o Concello de Quiroga.

As prácticas externas curriculares terán a duración que estableza o plan de estudos correspondente, e as prácticas externas extracurriculares terán unha duración non superior ao cincuenta por cento do curso académico, é dicir, 750 horas.

Para a realización das prácticas académicas externas o alumnado deberá estar matriculado na titulación á que se vinculan as prácticas segundo as competencias que debe adquirir e non poden ter superados os créditos vinculados a prácticas externas curriculares, así como non ter realizado o depósito do título.

Artigos relacionados

Back to top button