ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga adhírese ao convenio para continuar co GES

 

O Concello de Quiroga ván de acordar esta mañá adherirse ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

“O Concello de Quiroga únese a este convenio coa intención de prestar un servizo público á cidadanía que dea seguridade en lugares públicos en materia de protección civil e extinción de incendios”, tal e como informa esta administración local.

Este servizo, segundo o convenio asinado, estará financiado nun 52´5% a través da Xunta de Galicia, nun 40% a través da Deputación provincial e nun 75 % con cargo ao propio concello.

“Os GES de Quiroga, que se enmarcan na zona de Quiroga – Terra de Lemos contarán cunha sede no noso municipio con seis efectivos – ao igual que ata o de agora -, posto que é unha base compartida con outros seis efectivos con sede no Courel”, tal e como indica o Concello de Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button