ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga confirma 10 positivos de Covid

Exterior do Concello de Quiroga.

 

Quiroga está “nun momento delicado en canto a situación do coronavirus con varios positivos e moitas persoas en corentena, mentres se seguen realizando as probas PCR”, tal e como sinala o seu Concello nun comunicado feito público a través das redes sociais.

Tamén se indica que os últimos datos recibidos no Concello esta mesma mañá indican que “nestes momentos os casos positivos de COVID-19 en Quiroga son dez”. Ademais continúa facéndose cribado a todas aquelas persoas que estiveron en contacto con algún positivo e “incluso ampliando a algúns establecementos abertos ao público polos que pasa un importante número de persoas”.

Así mesmo lémbrase que dende o momento no que se tivo coñecemento dos primeiros positivos “o Concello de Quiroga tomou a decisión, por prudencia, de pechar os parques infantís e suspender todas as actividades programadas para este mes de outubro e que supoñan a concentración de xente”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close