ConcellosÚltima hora

O Concello de Quiroga desinfecta as rúas cun tractor pulverizador industrial

Estes traballos, que se levan a cabo para loitar contra o coronavirus, realizaranse sempre a última hora do día

Desinfectando as rúas de Quiroga. /Foto cedida.

 

Na tarde deste luns 23 de marzo comezaba a desinfección das rúas de Quiroga, cun tractor pulverizador industrial que ía regando as rúas da vila cun preparado desinfectante.

Estes traballos que se repetirán ao longo de varios días mentres se manteña o estado de alerta sanitaria polo coronavirus, Covid-19, substitúen aos traballos de desinfección de maneira manual que se puxeron en marcha a pasada semana, e realizaranse a última hora do día. “Tamén se realizarán nos núcleos limítrofes onde as rúas teñan formigón”, engaden dende o ente municipal que decidiu levar estes traballos de desinfección a maior escala do que se estaba facendo, polo que solicitou os traballos dunha empresa local.

Trátase dunha das decisións que se están levando a cabo na loita contra o coronavirus para protexer a toda a xente que por traballo ou xestións urxentes ten que saír á rúa. Non obstante, a mellor protección para toda a veciñanza, segue sendo a de quedarse na casa.

Artigos relacionados

Back to top button