CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Quiroga destina 7.000 euros a axudas para os estudantes que están fóra

As axudas deberán solicitarse antes do 15 de xaneiro na casa consistorial, persoalmente ou a través da súa páxina web

Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

Un total de 7.000 euros é o orzamento que ten o Concello de Quiroga para axudar aos estudantes empadroados no municipio que cursan os seus estudos fóra do municipio.

Os alumnos universitarios ou de FP que queiran optar a estas axudas deberán de xustificar o gasto para o que se piden. Son gastos subvencionables a matrícula educativa, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte entre outros, que sempre deberán figurar a nome do estudante que solicita a achega económica.

A partida económica repartirase entre todas as solicitudes que se presenten antes do día 15 de xaneiro na casa consistorial, persoalmente ou a través da páxina web do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button