ConcellosÚltima hora

O Concello de Quiroga distribúe mascarillas reutilizables entre a súa poboación infantil

Esta tarde comeza o reparto entre os nenos de 3 a 13 anos do municipio

 

Entre este mércores e mañá xoves os nenos de Quiroga, con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos, recibirán unha mascarilla reutilizable. O Concello de Quiroga comezaba esta tarde co reparto en cada domicilio onde se atope un neno destas idades.

O Concello encargouse da compra da tela para a realización dunhas duascentas mascarillas reutilizables que foron confeccionadas por traballadores municipais en dous tamaños diferentes. “Se no momento do reparto, que se fará persoalmente, non se atopan ninguén na vivenda, poderán achegarse a recollelas na casa consistorial a partir do luns”, matizan dende esta administración local.

Este é o segundo reparto de máscaras que realiza o Concello de Quiroga entre os seus veciños. O primeiro reparto foi para aos maiores de 70 anos ou persoas con patoloxías por ser as máis vulnerables. “Para elo utilizáronse dúas maneiras diferentes, porta a porta no rural e dende a casa consistorial na vila quiroguesa. Persoal municipal desprazouse a todos os núcleos do rural para entregar as mascaras, cubríndose a práctica totalidade dos veciños do rural”, segundo o Concello

En canto aos veciños da vila de Quiroga, poden achegarse pola casa consistorial onde lle entregarán a través da ventá da fachada principal, este medio de protección. Dende o Concello de Quiroga apelan á “responsabilidade dos veciños para que aproveiten as saídas aos supermercados ou farmacias para recoller as mascaras e que non saian a buscalas expresamente”.

O Concello de Quiroga tenta poñer todos os medios dispoñibles para a seguridade veciñal. Aínda que nestes momentos no municipio non hai ningún caso positivo de Covid-19 seguiranse mantendo as precaucións e os traballos de desinfección nas rúas e núcleos de poboación e especialmente naquelas zonas de máis tránsito das persoas.

Artigos relacionados

Back to top button