DeportesÚltima hora

O Concello de Quiroga homenaxea á deportista Carolina Camino

O alcalde Julio Álvarez entregoulle un trofeo antes da final do Torneo de Nadal de Fútbol Sala

Pola súa traxectoria deportiva no mundo do voleibol pero sobre todo por levar o nome de Quiroga por toda España e parte do estranxeiro como membro da Selección Española, a deportista quiroguesa Carolina Camino, era homenaxeada pola área de Deportes do Concello de Quiroga.

No marco da final do Torneo de Nadal de Fútbol Sala, disputada na tarde do 29 de decembro, Carolina recibía un trofeo de mans do alcalde Julio Álvarez e do concelleiro Andrés Novoa, realizando o saque de honra.

 

Carolina Camino co trofeo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close