ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga pecha parques infantís e suspende actos ante os casos de Covid no municipio

Exterior do Concello de Quiroga.

 

Dende o Concello de Quiroga vén de emitirse un comunicado a través das redes sociais no que informa de varios casos de coronavirus no municipio. Así no pasado mediodía o seu alcalde, Julio Álvarez, confirmaba, “segundo os datos das autoridades competentes” a existencia de “sete positivos en Covid-19 no noso municipio”.

O rexedor matizaba que, “aínda que dende a Xunta de Galicia seguen mantendo a Quiroga en zona verde dada a situación epidemiolóxica, dende o Concello tomouse a decisión, por prudencia, de pechar xa os parques infantís e suspender todas as actividades programadas para este mes de outubro e que supoñan a concentración de xente”.

Julio Álvarez apela á “tranquilidade da cidadanía pero, por precaución, recomenda aos veciños saír o menos posible da casa e, por suposto, cumprir coas medidas sanitarias recomendadas: uso de máscara, distancia social e desinfeccións de mans”. Así mesmo, o alcalde lembra que as forzas de seguridade “están vixiantes para que se cumpran as medidas necesarias”.

Artigos relacionados

Back to top button