CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Quiroga propón un xogo de dinamización en familia para este Nadal

Está baseado na búsqueda do tesouro a través dunha aplicación móvil, e desenvolverase entre o 18 de decembro e o 7 de xaneiro

 

Dende o Concello de Quiroga veñen de poñer en marcha un xogo para realizar en familia este Nadal baseado na búsqueda do tesouro pero contando cunha aplicación móbil. Baixo o nome de as “Trasnadas de Queirugo”, os participantes percorrerán unha ducia de lugares emblemáticos do municipio entre os días 18 de decembro e o 7 de xaneiro.

Para xogar é preciso descargar a aplicación ACTIONBOUND e rexistrarse cos datos reais do participante. Unha vez escaneado o código QR que aparece no mapa do folleto orixinal que se pode atopar no Facebook de Quiroga ou nos folletos dos que se dispón na oficina de turismo, onde tamén lles darán máis información, xa se pode comezar a xogar e esta orixinal búsqueda do tesouro.

Os participantes deberán de achegarse ata as distintas localizacións que atoparán sinalizadas no mapa de Quiroga. As localizacións están divididas en tres bloques xeográficos distintos: Campoloda-Barxa do Lor, Torre Novaes-Montefurado e A Ribeira-Vieiros. Poderase optar por visitar o lugar marcado, para o que non é preciso facer nada posto que a aplicación rexistra directamente a visita ou por contestar unha pregunta. Por cada lugar visitado ou pregunta acertada os visitantes recibirán unha puntuación de 100 puntos. Cada resposta incorrecta restará 10 puntos. O obxectivo é acadar unha puntuación de 1.000 puntos para optar a un agasallo. É importante non cancelar a aplicación mentres se esté xogando para non perder a puntuación acumulada, xa que as visitas aos distintos lugares podense facer en distintos días.

Con este xogo de dinamización en familia, o Concello de Quiroga pretende que se visiten os lugares máis emblemáticos do municipio dun xeito diferente, segundo remarcou a concelleira de Educación e Infancia, Loli Sánchez. Á vez que servirá para difundir os valores naturais e culturais de Quiroga entre todos os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button