ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga repartirá máscaras serigrafiadas co seu escudo en cada vivenda do municipio

Imaxe da máscara que repartirá o Concello de Quiroga entre a veciñanza.

 

Na vindeira semana o Concello de Quiroga fará unha nova entrega de mascarillas nas vivendas do municipio. “Trátase de máscaras reutilizables de ata 25 lavados e que están serigrafiadas co escudo e o nome de Concello de Quiroga. Ás máscaras en tamaño de adultos e nenos están homologadas e teñen unha filtración bacteriana de ata o 94,84% e unha transpirabilidade do 58,2”, tal e como se indica dende esta administración local.

En total son 2.500 as mascarillas que o Concello encargou para repartir en todas as vivendas do municipio. “Cada vivenda recibirá por correo unha máscara que irá debidamente empaquetada e coas indicacións de lavado. Farase unha entrega especial para nenos e adolescentes. Os nenos de 3 a 12 anos recibirán un paquete con cinco máscaras para cada un e os adolescentes de 13 a 18 anos de idade recibirán unha para cada un”, matizan dende o Concello de Quiroga.

Esta nova entrega forma parte dunha campaña que se vai levar a cabo dende o Concello, polo que as máscaras entréganse cunha recomendación dende a alcaldía quiroguesa para que se utilice este sistema de proteción.

Esta é a segunda vez que o Concello de Quiroga reparte máscaras no domicilio da veciñanza e o terceiro reparto que fai para os máis pequenos da casa. “A primeira entrega para os nenos e nenas quirogueses foi unha máscara reutilizable de tela elaborada por traballadores municipais que se entregou nos domicilios dos nenos e a segunda entrega foi de máscaras cirúrxicas que debían recollerse na Oficina de Turismo”, lembran dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button