ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga supervisa o estado dos parques infantís da vila

Un dos parques infantís de Quiroga./ Cedida.

 

A concelleira de Asuntos Sociais e Infancia, Loli Sánchez, percorría os tres parques existentes dentro do casco urbano da vila de Quiroga (o da Constitución, o da Igrexa e o da Praza España) para comprobar o estado de conservación no que se atopan estas instalacións municipais, espazos de ocio e lecer para os máis pequenos. Os parques infantís están sometidos a unha serie de medidas de seguridade tanto nas instalacións como nos equipos ou elementos de xogos (balancíns, columpios, tobogáns, etc.).

A responsable de Infancia anotou as deficiencias que se atopou en cada un deles para proceder nos vindeiros días o seu arranxo e, ao mesmo tempo, aproveitou para conversar con pais e nais que acoden diariamente aos parques da vila para que comuniquen ao Concello calquera deterioro ou incidencia .

Artigos relacionados

Back to top button