ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga terá no 2022 un orzamento de 4,3 millóns de euros

Publicidade
Exterior do Concello de Quiroga.

 

A Corporación local de Quiroga vén de aprobar nesta semana en pleno, coa abstención do PSOE-PSdeG e o voto en contra do BNG, o orzamento municipal para o ano 2022, que ascende a 4.332.600 euros.

No apartado de investimentos do orzamento destacan partidas para o proxectos como a construción do cemiterio municipal (3ª fase) con 190.000 euros, o acondicionamento e mellora da Casa da Xuventude con 49.000 euros, a ampliación do Museo Etnográfico (25.000 euros), os accesos a Bendilló, Vilar de Mondelo, Villaesther e Chao da Casa por un valor total de 50.000 euros, así como a pavimentación en Vieiros, Bustelo de Fisteus e A Seara por importe de 49.000 euros, entre outras actuacións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button