OurenseÚltima hora

O Concello de Ribadavia convoca axudas para adquirir material escolar neste novo curso

O prazo para pedilas irá do 12 de setembro ao 7 de outubro e as solicitudes poderanse realizar no Departamento de Servizos Sociais

Diverso material escolar e libros./ Foto: A.R.

 

O Concello de Ribadavia vén de convocar, un ano máis, as axudas para a adquisición de material escolar para este novo curso 2019/20, dentro da educación infantil (3 a 6 anos). Esta axuda ten como obxectivo apoiar a familias de Ribadavia con recursos baixos ou medios, segundo se indica dende esta Administración local.

O prazo para solicitar esta axuda irá do 12 de setembro ao 7 de outubro, e as solicitudes poderanse realizar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

Os requisitos xerais de acceso a axuda son que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.017€, estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención, aportar a factura de compra do material (establecementos de Ribadavia) con sinatura e selo de pagado, e que o límite de ingresos estea dentro da seguinte táboa:

INGRESOS AXUDA
Ingresos da unidade familiar de ata 1,50 do IPREM* (807€) 80€
Ingresos da unidade familiar de ata 3,75 do IPREM (2.017€) 50€

 

“Seguimos apostando por este tipo de axuda utilizando recursos propios do Concello para poder financiar o material escolar destes nenos/as e contribuir deste xeito a unha maior equidade e xustiza social centrando esforzos e recursos naquelas familias que mais o precisan”, segundo indica o alcalde de Ribadavia, César Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button