ConcellosRibas de SilÚltima hora

O Concello de Ribas de Sil pídelle á veciñanza que extreme as precaucións fronte ao Covid

Casa do Concello de Ribas de Sil.

 

O Concello de Ribas de Sil vén de emitir na tarde deste 23 de xaneiro un comunicado ante “o preocupante ascenso de casos positivos por Covid tanto no noso concello coma no concello de Quiroga” e nel pídelle a “tódolos veciños que extremen as precaucións para evitar a propagación do virus. Todos debemos de comportarnos coma se foramos positivos, usando permanentemente a mascarilla, permanecendo en casa, mantendo a distancia social, hixiene de mans, etc…”.

Ademais neste comunicado o Concello de Ribas de Sil manifesta a súa “confianza nas autoridades sanitarias, para que leven a cabo a toma de decisións que afectan á poboación. Cremos que non lle corresponde ó Concello de Ribas de Sil propoñer liñas de acción distintas das que neste momento se están tomando porque pensamos que poden trasladar mensaxes contraditorias que poden confundir ós veciños. Non obstante apoiaremos calquera modificación da situación actual tal como cribados masivos, peche de establecementos, etc… sempre e cando sexa decisión das autoridades sanitarias, que é a quen lle corresponde por teren as competencias para elo. Queremos ofrecer a nosa colaboración para todo aquelo no que se nos pida axuda”.

Finalmente, o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, fai un chamamento á “nosa poboación local, e en especial, para os veciños detectados como positivos, para poñernos a disposición de todos a través de Protección Civil para cubrir calquera necesidade tal como realización da compra, medicamentos, etc…”.

Artigos relacionados

Back to top button