ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río anuncia o peche das instalacións municipais durante 3 semanas

Oficina municipais do Concello de San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

Como medida preventiva o Concello de San Xoán de Río pechará as súas oficinas e o resto de instalacións municipais, agás o Centro de Teletraballo, ao longo das vindeiras tres semanas. Así o vén de anunciar o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez. Deste xeito preténse restrinxir ao máximo as interaccións sociais e os movementos no municipio,

“A atención no Concello será telefónica (988 346002) ou ben a través do correo electrónico (concello@concellosanxoanderio.com) e no caso de consultas urxentes que necesiten ser presenciais, por exemplo en temas como os servizos sociais, será necesario concertar cita previamente”, explica o rexedor.

 

Artigos relacionados

Back to top button