ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río confirma 2 positivos por Covid

Exterior Concello de San Xoán de Río.

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de informarse a través dun comunicado de que nas últimas horas veñen de dar positivo en Covid-19 dous veciños deste municipio. “Nese momento activouse o protocolo para esta situación e estamos en contacto directo co Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras do Servizo Galego de Saúde”, tal e como sinala o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Dende o Concello de Río lémbrase que está dispoñible “para todos os que precisen, o servizo a domicilio, tanto de alimentación como de fármacos, a través dos voluntarios de Protección Civil de San Xoán de Río nos seguintes teléfonos: Alimentación 988 34 60 57 e Farmacia 988 34 60 67”.

Así mesmo, no comunicado indícase que tendo en conta os festivos “dos vindeiros días e as alertas meteorolóxicas por neve nas vindeiras xornadas” tamén se achega un número da alcaldía para “calquera problema que poida xurdir” 608 88 08 44.

Dende o Concello de Río tamén se transmite “o noso ánimo ás persoas afectadas” e o desexo de que “se recuperen o antes posible”. Ademais exprésase o agradecemento aos “profesionais médicos do PAC de Trives polo gran traballo que realizan”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button