ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río confirma tres brotes de Covid e un total de 5 positivos

Ante esta situación decidiuse suspender a cabalgata dos Reis Magos, que estaba prevista para esta tarde

Casa do Concello de Río.

 

Preocupación en San Xoán de Río pola detección de novos casos de coronavirus. Así, segundo vén de confirmar o Concello a través dun comunicado, “as últimas horas veñen de dar positivo en Covid-19 tres novos veciños de San Xoán de Río en 2 gromos distintos. Ningún deles ten relación co gromo que tiñamos previamente. Polo tanto, agora mesmo temos 3 gromos distintos con 5 positivos en San Xoán de Río”.

Ademais, dende o Concello indican que se está realizando “o rastrexo de todos os contactos directos que farán PCR os vindeiros días e solicitamos a calquera persoa que teña algún síntoma compatible co Covid-19 que chame e acuda ao Centro de Saúde de Río ou ao PAC de Trives para realizar un test e intentar minimizar as consecuencias en caso de ser positivo, xa que a prevención e a anticipación son claves para iniciar calquera tratamento médico”.

Suspendida a cabalgata de Reis

No comunicado emitido polo Concello de Río tamén se sinala que, “debido á situación actual e á indefinición da orixe dos brotes, decidimos suspender todas as actividades municipais para evitar riscos ata novo aviso, iso inclúe a cabalgata dos Reis Magos que esta tarde ía a percorrer as parroquias do noso concello”.

Asemade, explícase que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente pasaron esta mañá polo Concello de San Xoán de Río “deixando agasallos para todos os nenos que están nestas datas por San Xoán de Río (incluíndo os que non están censados). Polo tanto os pais que queiran, no día de hoxe, que os seus fillos reciban os seus agasallos poden enviar un Whatsapp ó 627780891 (alcaldía) indicando o nome do neno e o lugar onde está e a AVPC de San Xoán de Río (Protección Civil) llos entregar”.

 

Artigos relacionados

Back to top button