ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río lanza o “Concurso 8-M Río Feminista”

 

Do 1 de marzo ao 7 de marzo estará en marcha o “Concurso 8-M Río Feminista”, promovido polo Concello de San Xoán de Río. O seu ganador darase a coñecer ao día seguinte, é dicir, o 8 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller.

Participar é moi sinxelo, tal só hai que compartir a publicación do concurso nas redes sociais do Concello https://www.facebook.com/concellosanxoanderio/ e realizar algún comentario “e algunha das razóns pola que eres feminista”, segundo os promotores. O xurado escollerá ao ganador/a tendo en conta “a razón máis orixinal, contundente e con perspectiva de xénero”.

O premio será unha cesta con produtos da zona e, ademais, entre os participantes realizarse o sorte de varios premios: 6 complementos feministas.

 

Complementos feministas que se sortearán entre os participantes no concurso.

Artigos relacionados

Back to top button