ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río opta polo formigón impreso para mellorar os firmes das súas aldeas

Como exemplo do que se pretende facer, o 1 de marzo rematábase unha mostra de traballo en formigón impreso en San Xurxo, "para que todos os veciños poidan ver esta solución", sinala o alcalde

 

O Concello de San Xoán de Río apostará polo formigón impreso como solución para a mellora dos firmes nos núcleos do municipio. E, como exemplo do que se pretende facer, o 1 de marzo rematábase unha mostra de traballo en formigón impreso en San Xurxo, “para que todos os veciños poidan ver esta solución e cada pobo elixa a súa cor e o seu modelo de impresión”, sinala o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Ademais, o rexedor explica que se escolleu “simulación de louxa, cunha cor gris escura e un impreso simulando pedras de louxa. O deseño poderá ser visitado por todos os veciños da localidade, e nos lugares onde sexa necesario reparar o firme, optarase por esta solución”.

 

 

Varios son os motivos polos que o Concello de Río escolle esta solución, tal e como indica Xosé Miguel Pérez. “Temos que facer obras que duren polo menos 20-30 anos, e hai regos feitos que aos 2-3 anos xa están en mal estado; ademais o rego provocaba múltiples problemas no alcantarillado dos pobos. E está solución estética tamén permite mellorar o entorno dos pobos”.

Ao mesmo tempo, o rexedor lembra que o municipio de Río forma parte da Ribeira Sacra, cuxa candidatura a Patrimonio da Humanidade se decidirá este ano, polo que “debemos evitar feísmos e ter os nosos pobos nas mellores condicións para os nosos veciños coidando a súa estética”.

Fotos: Concello de San Xoán de Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button